O Concello acudiu á Garda Civil.

O Concello de Salvaterra de Miño vén de denunciar diante da Garda Civil unha sabotaxe na captación de aug apotable en Ponte Cordeiro. A administración local apunta que se trata "duns actos vandálicos que produciron un problema moi grave na captación de auga potable que dá servizo ao municipio".

Os feitos sucederon na noite do 16 ao 17 de novembro cando "empezamos a ter problemas de caudal na entrada de auga do río ao pozo de bombeo, spostamente por atasco", explica o Concello. Foi cando "se realizou unha inspección e, posteriormente, para solucionalo, chamouse a unha empresa especializada". Introducíronse mangueiras de desatranco entre o río e o pozo de  bombeo e apareceu "unha rede semirríxida no interior das tubarias".

Ante isto, o Concello optou por chamar a Medio Ambiente e a Garda Civil "xa que non hai forma de que entre no sistema se non é coa apertura voluntaria da trampilla de aceso á zona de captación co cal tratábase dun sabotaxe ao sistema de abastecemento, que produciu que baixara o caudal e que unha parte do Concello quedara sen auga dende as 12:00 horas do xoves ata este enres pola mañá, que se recuperou o nivel de auga.

Ante esta situación, a administración local formalizou a denuncia.

¿E ti, es de Tweet?