O lume do Folgoso do Courel afectou 185 hectáreas e o de Salvaterra de Miño a unha superficie provisional de 350 hectáreas.

Medio Rural vén de informar que o lume que se iniciou en Folgoso do Courel, en Lugo, ás 4,50 horas  da madrugada do sábado está xa extinguido dende as 16:43 desta tarde do luns e que o de Salvaterra de Miño, que afecta tamén aos concellos de Modariz e Covelo, permanece controlado dende as 00,14 h.

O incendio do Folgoso do Courel afecta, segundo as últimas estimacións, a unha superficie de 185 hectáreas. Delas, 145 ha son rasas e 40 arboradas. Para o control deste incendio mobilizáronse en total 1 técnico, 15 axentes, 47 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 9 avións e 2 helicópteros. 

Pola súa banda, o lume que se rexistrou  o sábado ás 21:51 horas no concello de Salvaterra de Miño, e que afecta tamén ás localidades de Mondariz e Covelo, permanece controlado. Este incendio calcinou unhas 350 hectáreas.Para o seu control téñense mobilizado ata o momento 2 técnicos, 15 axentes, 59 brigadas, 35 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.

 

¿E ti, es de Tweet?