sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoPCR para 5.000 ponteareáns na busca de asintomáticos

PCR para 5.000 ponteareáns na busca de asintomáticos

Na procura de persoas contaxiadas de COVID-19 que non presentan síntomas, o Sergas continúa a realizar cribados en distintos municipios.  Un deles o deste luns en Ponteareas, no pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino.

De 8 e media da mañá a 9 e media da noite convocouse a 5.000 persoas de entre 16 e 60 anos.

O 65% dos convocados son menores de 35 anos. É a xente moza o colectivo no que se centran estas probas, por ser  o que ten máis interacción social e o grupo de idade con máis casos asintomáticos.

O Sergas insiste na necesidade de ser solidarios e acudir a convocatoria para someterse a unha PCR

Esta fin de semana foron chamados a participar nun cribado 4.000 mozos e mozas vigueses e a asistencia foi moi baixa.

Antonio Rodríguez é o coordinador dos COVID AUTO Vigo e insiste na importancia de acudir aos cribados por solidariedade. Os vacinados tamén contaxian e aínda que a mocidade non teña síntomas en moitos casos si pode contaxiar e incluso «matar» a un familiar de maior idade ou con outras patoloxías.

Os motivos polos que os convocados non asisten aos cribados son múltiples pero algúns totalmente inxustificados o que causa impotencia entre os sanitarios.

Os participantes no cribado de Ponteareas recibirán o resultado da súa PCR en 24 ou 48 horas nos seus teléfonos móbiles.

A Policía Local e Protección Civil foron os encargados de evitar aglomeracións no acceso ao cribado e garantir a separación entre os participantes en ringleira.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES