viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoO valor do viño "dende As Neves para o mundo"

O valor do viño «dende As Neves para o mundo»

A Festa do Viño Rías Baixas volve a niveis de asistencia e vendas anteriores á pandemia.

O municipio de As Neves celebrou este martes o «rencontro» co viño e cos veciños e visitantes e coa «nova normalidade». Segundo o Concello, centos de persoas acudiron á XV Feira do Tinto Rías Baixas, logo dun ano no que non se puido levar a cabo por mor das restriciones da pandemia da COVID-19.

As primeiras estimacións de organización apuntan a que este ano, segundo os datos da administración local, é que superouse o número de visitantes da última edición, a de 2019 e, malia que aínda son cifras provisionais, todo apunta a que as vendas do viño estaban por riba dos de entón.

A xornalista e escritora Sara Vila e o empresario Pablo Méndez, que veñen de ser recoñecidos nas súas facetas profesionais co premio Illa Nova de Narrativa 2021 e co Xove Empresario de Galicia respectivamente, foron as persoas encargadas do pregón. Vila puxo en valor o traballo das mulleres do municipio e Méndez especificou a importancia do talento que existe na localidade «para o mundo».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES