viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO CondadoO servizo de recollida do lixo de Ponteareas suspende a folga

O servizo de recollida do lixo de Ponteareas suspende a folga

Anunciouno a alcaldesa de Ponteareas, a nacinalista Cristina Fernández Davila, no pleno deste martes.

 

O receso do pleno ordinario que se celebrou este martes no Concello de Ponteareas alongouse máis da conta. Con todo, tiña unha xustificación: a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, ultimaba as xuntanzas para impedir que se levara a cabo a folga indefinida que anunciaran os traballadores e as trabalaldoras do servixo de recollida do lixo da vila do Tea. Finalmente, a rexedora anunciou na sesión plenaria que se suspendia posto que se chegou a un acordo que se rubricaría o próximo 11 de outubro.

Desta maneira, paralízase a folga indefinida que se anunciara que comezará este 28 de septembro, previo aos días de festa de San Miguel en Ponteareas, durante 15 días. Será o 11 de outubro cando nunha xuntanza final se expoñan os avances dunha maneira máis «firme», segundo puido saber Si Radio. E asamblea decidirá se aceptan ou non as propostas da empresa.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES