viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoEmilia Pardo Bazán no "País das Rías": o vínculo da escritora con...

Emilia Pardo Bazán no «País das Rías»: o vínculo da escritora con Pontevedra

Os xardíns do Balneario de Mondariz acollen unha exposición sobre a autora organizada por FARO DE VIGO e a Deputación de Pontevedra con motivo do centenario da súa morte.

Neste 2021 cumpriuse o centenario do falecemento dunha das mulleres máis sobranceiras e polifacéticas de finais do século XIX e principios do XX, Emilia Pardo Bazán. Unha das poucas mulleres que, co seu talento coma escritora, conseguiu facerse un oco nos libros historia, ateigados de nomes masculinos. Aínda que nada en A Coruña, a condesa forxou un grande vínculo co “País das Rías”, como así bautizou á provincia de Pontevedra. O exdirector do xornal FARO DE VIGO, Ceferino de Blas, recolle todos eses lazos de unión no seu libro Emilia Pardo Bazán no País das Rías. Ademais, a obra inspira a exposición itinerante que impulsa FARO DE VIGO xunto á Deputación de Pontevedra.

A mostra atópase agora nos xardíns do Balneario de Mondariz, residencia estival de Emilia Pardo Bazán durante 33 anos. Unha enfermidade hepática fixoa asidua ao balneario da comarca do Condado, a onde acudiu desde 1887 ata 1920. Aquí fixo amizade co médico e fundador do balneario, Enrique Peinador, e desenvolveu a súa faceta xornalística colaborando coas publicancións Mondariz e La Temporada.

A súa novela Os pazos de Ulla é unha das grandes obras da literatura universal, o que a converte nunha das personaxes máis importantes deste país segundo Ceferino de Blas. Pola contra, sen desmerecer o seu legado literario, para a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, Emilia Pardo Bazán destaca, sobre todo, pola súa faceta feminista. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES