As tendas de ultramarinos, aliadas en pandemia

No casco urbano de Ponteareas nos últimos anos pecharon, a lo menos, tres tendas de ultramarinos. En Angoares ten moita sona Casa Telmo, tamén coñecida como O Corte Inglés. Hai persoas que consideran estas tendas máis seguras que os supermercados.

Quen no Condado non coñece a tenda de Telmo? Senón por ese nome polo do Corte Inglés de Angoares, en Ponteareas. O nome venlle dado pola súa gran variedade de produtos. Ten a venda desde peneiras ou olas de barro ata rosquillas, vasoiras, ou tabaco. Leva máis de 100 anos aberta. Vai na súa cuarta xeración. Víctor Domínguez, ao fronte agora, prefire non saír en cámara pero explicounos que son.

A esta tenda, a pé de estrada e tan frecuentada polos condutores de paso, as restricións de mobilidade prexudicáronlle.

En prezo non poden competir cos supermercados pero en horario non hai quen lles gañe.

Os seus clientes habituais foron falecendo e as xeracións máis novas decántanse polos supermercados. Sobrevive a tenda de Mery. Que desde fai catro anos rexenta Conchi, aínda que recoñece que as vendas limítanse practicamente aos esquecementos puntuais.

Pero onde sen dúbida as tendas tradicionais, as de toda a vida, son aliadas é nas parroquias. Como Tenda Maruja na parroquia de Fornelos da Ribeira, en Salvaterra. Aténdenos  Ana  e explícanos a gran variedade de produtos que ofrecen.

Venden bebidas frías pero so para levar.

En Tenda Maruja son moi rigorosos coas medidas sanitarias: o xel , a máscara e o aforamento máximo no interior.

Hai clientes que prefiren estas tendas porque as consideran máis seguras.

Longa vida a estas pequenas tendas, en pandemia, e sempre.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral