sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO País220 incidencias en Galicia por mor do temporal Karim

220 incidencias en Galicia por mor do temporal Karim

A maioría das incidencias foton a caída de árbores e a retirada de obxectos desprazados nas vías, segundo o 112 Galcia.

Entre as 12:00 horas de onte, ata as 08:00 horas desta mañá, o 112 Galicia rexistra un total de 220 incidencias por mor da alerta laranxa decretada nas últimas horasno mar, por choivas e vento. Principalmente, por caída de árbores e a retirada de obxectos desprazados nas vías. Con todo, ningunha delas resultou ser de gravidade, segundo informan dende Emerxencias.

A provincia da Coruña é a máis afectada, cun total de 104 incidencias. Séguelle a de Pontevedra, con 89; a de Lugo con 17 e a de Ourense, cun total de 10. En canto aos concellos, na provincia da Coruña destaca o de Ribeira, con 11 incidencias contabilizadas, 4 no o concello de Ames e Narón respectivamente e 3 incidentes no concello de Muros. Na provincia de Pontevedra destaca o concello de Vigo con 5 incidencias rexistradas, o de Cangas con 4 e os de Pontevedra e Ponteareas con 3 cada un deles. Na provincia de Lugo, destacan os concellos de Ribeira de Piquín, Riotorto e Palas de Rei con 2 incidentes rexistrados en cada un deles e o concello de Boborás con 2 incidencias na provincia de Ourense.

O 112 Galicia informa que se espera que ata últimas horas da tarde de hoxe, o litoral da Coruña e Pontevedra continúe en nivel laranxa, con ondas que poden alcanzar os 7 metros. Espérase que a partir do mediodía vaian diminuindo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS