jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasParadantaReaberto o túnel da Cañiza tras tres meses pechado

Reaberto o túnel da Cañiza tras tres meses pechado

Reaberto o túnel do Folgoso, na autovía A-52, en sentido Ourense, a altura da Cañiza, desde este venres pola mañá. Estaba prevista a súa reapertura ao tráfico para maio pero adiantouse a este 30 de abril. O lune destrozouno e foi necesario repor os seus tecnolóxicos sistemas de seguridade.

O secretario xeral de infraestruturas do ministerio de transportes, Sergio Vázquez, congratulouse da súa reapertura antes do inicialmente previsto:

O túnel do Folgoso en sentido Ourense estivo pechado máis de tres meses, desde o 25 de xaneiro que se incendiou un tráiler no seu interior. O motivo foi a necesidade de repor o seu tecnolóxico sistema de seguridade.

No acto de reapertura do túnel puideron visionarse as imaxes de como foi o incendio e a rápida actuación dos equipos de emerxencias. O túnel pechouse aos tres minutos de iniciarse o lume e os primeiros en chegar foron os bombeiros de Ponteareas 16 minutos despois.

Os avanzados sistemas de seguridade do túnel evitaron unha traxedia. Agora repostos o túnel queda reaberto coa mesma seguridade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES