jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasParadantaO túnel da Cañiza en sentido Ourense estará pechado ata maio

O túnel da Cañiza en sentido Ourense estará pechado ata maio

Os danos causados por un incendio no interior do túnel do Folgoso, na A-52, prolongarán o seu peche, en sentido Ourense, ata maio. Os vehículos deben desviarse pola N-120 polo centro da Cañiza.

Os vehículos terán que seguir desviándose pola N-120, polo centro da Cañiza, uns tres meses. O traxecto faise máis lento e o estado do firme é deficiente aínda que xa se acometeron obras para parchear as súas fochancas.

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, asegura que tamén se mellorou a sinalización para que os camións eviten pasar por dúas rotondas.

Os técnicos do MInisterio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA) avaliaron os danos no túnel do Folgoso, na A-52, á altura da Cañiza, e están a traballar de forma continua desde que se produciu o incendio dun camión no seu interior, no carril de sentido Ourense, para a reparación o antes posible dos importantes danos sufridos na propia estrutura do túnel e nas instalacións afectadas.

Dado o alcance dos danos, estímase que a citada reapertura poderá efectuarse o próximo mes de maio, salvo incidencias que puidesen sobrevir até entón.

As pezas necesarias para a reparación deben chegar do estranxeiro e a pandemia ralentiza o seu transporte.

Ante todo o ministerio aclara que o obxectivo é poder reabrir o tubo sentido Madrid en condicións de seguridade.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES