lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísLuisa Piñeiro dimite logo da condena por prevaricación

Luisa Piñeiro dimite logo da condena por prevaricación

A delegada da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, presenta a renuncia aos seus cargos logo da condena por fraude e prevaricación.

Así o anunciou Piñeiro en conferencia de prensa, que tivo lugar na sede provincial do PP, onde indicou que recorrerá á sentenza co fin de «defender a miña honerabilidade». A sentenza condenaa a dous anos de cárcere e oito de inhabilitación por prevaricación e fraude. Dase de baixa tamén do Partido Popular de Galicia, tal e como lle trasladou ao vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente provincial do partido, Alfonso Rueda.

Luisa Piñeiro insistiu en que «fixen o correcto, axustado ao dereito» e que traballou «exclusivamente polo benestar do concello». Amosa así a súa disconformidade coa sentenza e di que «por pedir unha subvención estou aquí»

Dous anos de cárcere e oito de inhabilitación

O Xulgado do Penal nº3 de Pontevedra condena ao expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, por conceder unha subvención co fin de realizar unha mellora no campo de fútbol de Moraña e considerao culpable dun delito de prevaricación. Actualmente, é presidente da Federación Galega de Fútbol. A sentenza dictamina dous anos de cárcere e oito de inhabilitación.  A mesma condena, para Luisa Piñeiro, a quen a maxistrada consideraa cooperadora necesaria do delito de prevaricación e autora dun delito de fraude.

Deste xeito, a xuiza considera probado que cometeron irregularidades para outorgar 86.311 euros a unha construtora para compesala por un sobrecusto nas obras do campo de fútbol do concello de Moraña, municipio do que foi alcaldesa a xa exdelegada, Luisa Piñeiro.

A causa é unha peza separada da Operación Patos.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS