Todos os concellos das comaras do Condado e da Paradanta superan a incidencia dos 1000 casos en COVID-19 segundo a súa poboación.
Na segunda quincena deste mes de xaneiro, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Arbo, A Cañiza, O Covelo e Crecente superaron a incidencia de risco de 250 casos por cada 100.000 habitantes. Arestora é o concello de Ponteareas, o da Cañiza e o de Crecente os que sofren unha peor situación epidemiolóxica.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, sinala a celebración do Nadal, as xuntanzas populares e as festas dos adolescentes como as principais causas dos malos datos en relación á COVID-19 no municipio.
No caso de Ponteareas, a súa alcaldesa en funcións, Cristina Fernádez, fala dunha "incidencia agresiva", que tamén afectou aos centros escolares da vila do Tea.
Noutra marxe atópase o municipio de Arbo, que comeza a estabilizar á baixa os novos casos diagnosticados en dúas semanas entre a súa veciñanza. Reduce a metade o seu pico de 43 contaixios en 14 días.