domingo, abril 28, 2024
InicioNewsO PaísO traspaso da AP-9 a Galicia avanza no Congreso co non de...

O traspaso da AP-9 a Galicia avanza no Congreso co non de Vox

Galicia demanda a titularidade da AP-9 no Congreso tras ser aprobada como proposición de lei no Parlamento galego.

A proposta tivo o visto bo dos principais partidos. Só Vox votou en contra. Iníciase así a súa tramitación. Os grupos do Congreso poderán agora presentar emendas para modificar a súa redacción. Plantexa a transferencia a Galicia da titularidade e as competencias sobre o réxime de concesión e as funcións e servizos exercidos ata o de agora polo Estado. 

A AP-9 é a autoestrada máis cara de España. Os deputados autonómicos Diego Calvo (PPdeG), Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG) defenderon no Congreso dos Deputados a transferencia á Xunta das competencias sobre a xestión da Autoestrada do Atlántico, logo da aprobación por unanimidade no Hórreo.

Desde o PPdeG, Diego Calvo, destacou que «a Xunta pode xestionar de maneira máis eficaz a autoestrada, está máis próxima e coñece mellor o territorio». 

A máis reivindicativa foi a voceira do BNG; Ana Pontón, que acusou ao Goberno de Pedro Sánchez de incumprir o traspaso da autopista a Galicia, un compromiso que adqurira con Galicia cando o BNG o apoio na investidura. Pontón explicou que viaxar de Madrid a Vigo ten un custo en peaxes de 13 euros, mentras que ir de Vigo á Coruña supón 17 euros. «A historia da AP-9 é a crónica dunha discriminación, a historia dun saqueo que nos custou millóns de euros en peaxes», dixo.

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, defendeu «a cogobernanza» e «o principio de subsidiariedade para unha xestión racional da AP-9 en que a proximidade permita a mellor xestión posible».

Só Vox votou en contra do traspaso por temer que a Xunta baixaría as peaxes e as arcas do Estado rebaixarían entón menos.

A AP-9 é a autopista máis cara de España logo da suba das peaxes que experimentou ao inicio deste 2021.

Diego Calvo (PPdeG) 

  

Ana Pontón (BNG) 

Gonzalo Caballero (PSdeG)

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES