Nesta edición trasládase do Campo da Feira a once establacementos hostaleiros da vila que servirán as racións ao prezo único de 6 euros

Todas aquelas persoas que desexen degustar este prato típico do Concello poderán facelo para xantar nos bares e restaurantes ou recollendo o seu pedido para levar para casa. Para elo é aconsellable facer reserva previa chamando ao propio establecmeento, axudando así ademais a que estes poidan facer unha provisión de produto.

distintivo COLABORADOR A ración componse de costela de porco, costela de tenreira e chourizos criollo; a bebida e calquera outro produto non se inclúe no prezo dos 6 euros. Todos os establecementos disporán dun distintivo como entidade colaboradora para a celebración da Festa do Churrasco

Ademais, para os que o prefiran ou queiran combinar pratos, haberá un pulpeiro na praza, que despachará a partir das 13.00 horas.

 

Listaxe de establecementos participantes

Bar Sebastián en Barcia de Mera. Teléfono 619 605 727
Bar Cuartel na Lamosa. Teléfono 642 683 419
Casa Costa en Covelo. Teléfonos 610 345 021 / 986 650 032
O Buraco en Covelo. Teléfonos 630 462 772 / 986 650 028
Asador Hermida na Hermida. Teléfono 679 455 250
Restaurante Lemos na Hermida. Teléfono 633 178 851
Bar Plaza en Maceira. Teléfono 626 292 875
Restaurante Río Tea en Maceira. Teléfono 986 053 392
Lugar dos Devas en Cernadela-Godóns. Teléfno 600 617 001
Bar La Graña na Gaña. Teléfono 636 358 338
Bar Casa Social Graña na Graña. Teléfono 657 123 992

Programación

E de igual xeito, aínda que sempre seguindo o protocolo COVID, non faltarán as actividades culturais para celebrar as festas patronais na honra a Santiago Apóstolo. Dende este venres e durante toda a fin de semana sucederanse diferentes concertos, así como outras actuacións de lecer, dirixidas a todos públicos.

 

Mañá venres, 23 de xullo

22.30 horas Manoele de Felisa en concerto na praza Mestre Cerviño

 

Sábado, 24 de xullo, na praza Mestre Cerviño:

20.30 horas teatro “Laia aprendiz de maga”

22.00 horas concerto da Banda de Balbina

23.00 horas concerto de Pauliña


Domingo, 25 de xullo

12.30 horas misa na honra do patrón Santiago Apóstolo e actuación do grupo de gaiteiros O Carballo da Armada

22.30 horas Broken Peach en concerto na praza Mestre Cerviño

 

 

¿E ti, es de Tweet?