viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasParadantaUn veciño da Cañiza circula sen carné cun motocultor e da positivo...

Un veciño da Cañiza circula sen carné cun motocultor e da positivo en alcol e drogas

O motocultor non tiña nin seguro nin a ITV actualizada e o conductor non tiña permiso de circulación amáis de dar positivo en alcol e drogas.

O sinitro tivo lugar o 5 de xuño. Un home de 41 anos, que circulaba cun motocultor, sae da vía e colisiona contra un vehículo estacionado, causándolle diversos danos. A patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño tivo coñecemento do accidente, que tivo lugar en Valeixe, na Cañiza, e desprazáronse ata o lugar.

Alí, os axentes identificaron ao condutor, un veciño da Cañiza de 41 anos, e comproban que non tivera nunca ningún tipo de permiso ou licenza de condución. Amáis, realízanlle a proba de alcol e arroxa un resultado de 1,01 mg/l en aire espirado, unha taxa constitutiva de delito. Tamén deu posiivo na proba indiciaria de drogas, pendente de confirmación por laboratorio. Os axentes da Garda Civil comprobaron, igualmente, que o motocultor co que ciruclaba non tiña seguro obrigaorio nin a ITV actualizada.

Deste xeito, o veciño da Cañiza está a ser investigado por dous delitos contra a seguridade viaria, ao conducir sen permiso e pola proba positiva de alcolemia. As dilexencias foron remitidas ao Xuzgado de Garda de Ponteareas e foi denunciado administrativamente pola proba positiva indiciaria de drogas, por carecer de seguro e por non ter a ITV do motocultor.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES