Pedro Villamarín, xerente dun local da hostalería en Baiona, explica que "o consumo no interior dos locais en Baiona tería que ser antes, en Semana Santa"

Sanidade vén de situar a Baiona no nivel medio de restricións. Isto quere dicir que a hostalería do municipio pode atender, de novo, no interior dos locais ao 30% do aforamento e á metade da capacidade no exterior. Desde antes de Semana Santa, rexían no concello as normas do nivel alto polo que os hostaleiros e as hostaleiras só podían abrir ao 50% nas terrazas.

Con todo, Villamarín asegura que isto "tiña que chegar antes, en Semana Santa, que é cando podiamos aliviar a situación económica do sector da hostalería".

A conversa completa, aquí:

 

 

¿E ti, es de Tweet?