lunes, noviembre 11, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Xunta subvenciona a compra de vivendas no casco vello de Tui

A Xunta subvenciona a compra de vivendas no casco vello de Tui

A Xunta de Galicia lanza unha nova oferta pública para a adquisición de inmobles do programa Rexurbe, en concreto para rehabilitar vivenda na cidade da Coruña, Ribadavia e Tui.

A nova convocatoria destina un importe global de 1,5 millóns de euros. No caso do municipio tudense, a contía destinada é de 250.000 euros.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se convoca a cuarta convocatoria pública deste tipo, pola cal a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pretende adquirir inmobles, rehabilitalos e habilitar vivendas públicas nos centros históricos das cidades e vilas galegas.

Un dos criterios que se terá en conta para a adquisición dos mesmos é o interese da área na que se atope, dando prioridade aos edificios que teñan un valor arquitectónico especial que aconselle a súa recuperación, aqueles cuxa recuperación poida contribuír de xeito especial á rexeneración ambiental da zona onde estea emprazado e ás ofertas que contemplen a recuperación dunha mazá completa.

En calquera caso, os edificios que se pretendan adquirir permitirán que as futuras vivendas reúnan as condicións óptimas de confort e habitabilidade; non se atopen afectados por servidumes ou cargas, que poidan facer inviable a actuación; e que os custes de rehabilitación non resulten desproporcionados.

Os propietarios interesados en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 9 de xullo para trasladar á Xunta as súas propostas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS