Xogamos á "Miña Avoa"

Interpretar as pistas, ocultas a modo de adiviña entre as liñas dunha páxina de xornal, e a través delas atopar o tesouro, estas son as dúas únicas instrucións do xogo “A Miña Avoa” que comezou fai uns días no Porriño.

A campaña parte dunha entrevista ao neto da avoa Euxenia, que foi unha persoa moi distinguida na comarca, na que conta que polos seus aniversarios escondía os agasallos por toda a vila, xunto con pistas para que así os cativos desfrutasen atopándoos.

“A Miña Avoa” é unha iniciativa innovadora de lecer en familia ideada co obxectivo principal de promocionar o comercio local, creando a tendencia de mercar nos establecementos de proximidade.

Para participar só é preciso facer unha compra nalgún dos 145 locais adheridos á campaña e co tícket o cliente recibe esa folla de xornal onde se atopan as pistas que o levarán ao tesouro, agochado nalgún recuncho da vila e que resulta ser un vale de 50 euros a consumir nalgún dese establecementos de comercio ou hostalería.

Tanto clientes como comerciantes valoran de xeito moi positivo a iniciativa, e logo de descubrise os seis tesouros, auguran que poida repetirse a campaña dado o seu éxito

Xogamos á

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron