O Concello de Salceda de Caselas iniciará accións xudiciais contra Telefónica logo de ter solicitado a súa retirada

Trátase dun poste de teléfono instalado na estrada Portela-Maceira no que recentemente tivo lugar un accidente de tráfico, situación sobre a cal o Concello xa deu traslado ao seu departamento xurídico para iniciar as accións xudiciais pertinentes.

Dende o consistorio explican que no verán do pasado ano, cando o Concello xa tiña aprobado o proxecto de mellora da mencionadoda estrada, Telefónica procedeu á instalación desta nova liña sen a pertinente licenza municipal, colocando o poste na zona de actuación do proxecto. Unha vez que o Concello quixo iniciar as obras no mes de outubro e se percatou da existencia do mencionado poste, enviou comunicación a Telefónica solicitando a retirada do mesmo, e incidindo na perigosidade da situación, pois co ensanche da estrada o poste quedaba colocado despois dunha curva con moi pouca visibilidade. A solicitude non foi atendida e o Concello tivo que rematar una obra deixando o poste na zona do asfalto mentres se seguía reiterando una petición a Telefónica.

Colisión

Esta semana un vehículo chocou co poste e a imaxe correu polas redes sociais facendo responsable ao Concello do acontecido, descoñecendo a situación verdadeira. Ante este acontecemento, e co obxectivo de evitar que se volva producir outro accidente, o Concello volveu colocar e reforzar unha sinalización do lugar e deu traslado da situación ao departamento xurídico que está a traballar xa nas accións que se poidan levar a cabo.
Por outra banda deuse traslado a Telefónica do acontecido, urxíndolles a solucionar unha situación que xa se prolonga durante máis de medio ano.

Situacións similares

Xa noutras ocasións se tardou meses, por parte desta empresa, en mover algúns postes en situaciones similares, polo que dende o Concello aseguran que se está a buscar una mellor solución para que isto non volva acontecer.

¿E ti, es de Tweet?