jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaPaso firme para combater o botellón en Sanguiñeda

Paso firme para combater o botellón en Sanguiñeda

O Concello de Mos aprobará definitivamente en pleno a modificación da ordenanza municipal de medio ambiente en materia de convivencia cidadá

O pleno do Concello de Mos aprobou inicialmente no Pleno de pasado mes de novembro, e farao definitivamente na sesión plenaria do vindeiro 8 de marzo, a modificación da ordenanza municipal de medio ambiente en materia de convivencia cidadá, que entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, BOP. Así o informaban a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas.
Tamén en novembro do ano pasado celebrouse unha Xunta Local de Seguridade pola problemática do botellón en Sanguiñeda, na que xa se anunciou e se deu conta desta medida municipal coa que se pretende dar solución a unha situación insostible para a veciñanza da zona.
Nidia Arévalo asegura que “como alcaldesa, preocúpame enormemente esta situación, trátase dun problema moi serio de seguridade cidadá, polo que desde o Concello traballamos intensamente para solucionalo. Mantivemos reunións cos veciños da parroquia e a Policía Local a este respecto. Colocamos na zona carteis informativos, e os axentes locais controlaron exhaustivamente o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública facendo horas extras para poder cubrir a quenda de noite”.
Agora coa ordenanza de convivencia cidadá quedará prohibido o consumo de alcohol tamén en espazos privados ao aire libre (como aparcamentos) e daráselle seguridade xurídica ás sancións de todo este tipo de actos que tanto malestar lles causan a moitos veciños e veciñas que constantemente acoden ao Concello e ao Cuartel da Garda Civil a presentar as súas queixas polos mesmos.
Por parte do Concello de Mos tamén se lle abrira a finais de 2022 un expediente sancionador á discoteca en cuestión. E a Policía Local e a Garda Civil incrementaron a súa presenza na zona.
Por parte da Policía Autonómica faise un especial control por do consumo e venda de alcohol a e por menores. Deste xeito coordínase entre todas as administracións responsables e Corpos e Forzas de Seguridade o dispositivo necesario para disuadir na medida do posible esta situación.
A rexedora local mosense espera, con esta “nova ordenanza de convivencia cidadá, mitigar a problemática que se produce durante as fins de semana na contorna da discoteca Queen na Avenida de Sanguiñeda, onde se rexistran periodicamente celebracións de botellón, actos vandálicos e problemas de ruído, lixo e seguridade cidadá. E onde nos últimos meses se levan producido centos de denuncias”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES