viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO GES de Mos recibe un novo camión autobomba

O GES de Mos recibe un novo camión autobomba

Con este, dotado pola Xunta de Galicia, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal mosense suma catro vehículos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Emerxencias, Leo Costas e membros do GES de Mos recibiron en Santiago de Compostela, de mans do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, equipamento para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) mosense, consistente nun novo camión autobomba. Con este, Mos suma 4 vehículos destinados a asistir emerxencias.

É o cuarto vehículo que se incorpora ao parque móbil da nave do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos, sito na Veigadaña. E trátase dun camión tipo Bomba Rural Pesada (BPR) cunha capacidade de 3.000 litros e bomba centrífuga con presión combinada e lanzamento de auga en baixa e alta presión. O Goberno galego investiu nesta nova dotación para Mos 253.854 euros.

Ao acto, ademais do vicepresidente segundo e representantes da administración local mosense, acudiu tamén o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

A entrega forma parte do reforzo dotacional impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES e que suma un investimento global superior aos 2 millóns de euros.
A Xunta aposta así por dotar os servizos de emerxencias dos concellos cos recursos precisos para o desenvolvemento do seu labor a prol da prevención e da protección da cidadanía e do patrimonio. Segundo apuntou Diego Calvo, o obxectivo é garantir as mellores condicións de seguridade e a maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES