martes, abril 16, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello do Porriño instala un valado de seguridade en Cans

O Concello do Porriño instala un valado de seguridade en Cans

Atende así unha reclamación histórica da veciñanza que diminuirá o risco de accidentes nesta zona

A Concellería de Obras, que dirixe Ramón Porto, iniciou estes días a instalación dun valado de seguridade na N-120, na parroquia de Cans.
Trátase dunha demanda histórica da veciñanza, que reclamaba solucións nunha beirarrúa de moito tránsito de peóns ante o risco de caída. O edil explicou que a instalación do valado estase a realizar con medios propios e abranguerá unha distancia de 150 metros.
“Coa instalación deste valado de seguridade evítase o risco de accidente de viandantes, xa que ata o de agora estaba totalmente desprotexido co conseguinte risco de caída. Unha situación perigosa xa que existe un gran desnivel”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES