viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaMos presenta o programa ‘Parroquia a parroquia’

Mos presenta o programa ‘Parroquia a parroquia’

Tras tantos meses de crise sanitaria, o Concello de Mos promociona actuacións dos grupos da localidade para reforzar o tamén municipal Plan Cultural.

A concellería de Cultura mosense, que dirixe a edil Sara Cebreiro, pon en marcha desde mañá venres 16 de xullo, un programa estival de actuacións musicais polas parroquias, titulado ‘Parroquia a parroquia’.

O obxectivo desta iniciativa e apoiar e reforzar aos grupos do Plan Cultural do Concello de Mos, tras tantos meses de crise sanitaria derivados da pandemia da COVID-19.

A programación de ‘Parroquia a parroquia’ inclúe desde actuacións nas cafeterías dos centros sociais e culturais das parroquias mosenses, ata nos exteriores das igrexas e torreiros os días das festas patronais parroquiais que por mor da COVID non se poden celebrar, entre outras.

Este é o programa completo de ‘Parroquia a parroquia’ que abrangue os meses de xullo, agosto e setembro:

XULLO
DIA 16 – 11:00 H Las Pamisuki Escola Infantil Porteliña
DIA 17 – 12:00 H Tangaraño Exteriores C. Dotacional de Torroso
DIA 17 – 20:30 H Algarabía C.C.Abrente Grupo Amieiro
DIA 18 – 11:30 H Pes na Rúa Santa Mariña de Dornelas
DIA 25 – 13:00 H Banda de Gaitas Herville Santiaguiño, Guizán
DIA 26 – 12:30 H Xógara Santa Ana, Guizán
DIA 29 – 17:30 H Nosa Terra de Pereiras Centro de día AFAGA, Petelos
DIA 30 – 21.00 H Pes na Rúa Exteriores C. Dotacional de Torroso
DIA 31 – 21:00 H Xiada Exteriores Pazo de Mos

AGOSTO
DIA 4 Banda de Gaitas Herville Virxe das Neves, Herville
DIA 5 Coral O Son dos Candares Virxe das Neves, Herville
DIA 6 – 20:30 H Ruada, de Torroso San Mamede, Torroso
DIA 13 – 21:00 H Dúo Antonio Barros – Ialma Exteriores de Nosa Terra de Pereiras
DIA 14 – 21:00 H Banda de Gaitas Sta Eulalia Exteriores Pazo de Mos
DIA 20 – 21:00 H Skara Jazz Exteriores C. Dotacional de Torroso
DIA 21 – 21:00 H Pes na Rúa Exteriores Pazo de Mos
DIA 28 varios grupos Mos sobre rodas
DIA 29 – 12:00 H Dúo Antonio Barros – Ialma Exteriores Pazo de Mos

SETEMBRO
DIA 12 As Lagharteiras Festa do Cristo da Victoria
DIA 13 Xógara Festa do Cristo da Victoria
DIA 18 Xogara Cristo do Bo Consello
Banda de Gaitas Sta Eulalia
DIA 25 As Lagharteiras O Son do Pazo

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES