jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaMedio cento de persoas reciben atención psicolóxica en Salceda

Medio cento de persoas reciben atención psicolóxica en Salceda

O Gabinete de Atención Psicolóxica á veciñanza de Salceda de Caselas vén de cumprir un ano despois de ser creado polo Concello en xullo de 2020 co apoio económico da Deputación

 A atención realízase cunha psicóloga e unha traballadora social, que atenden a preto de medio cento de persoas, boa parte delas menores.

O deputado Santos Héctor, acompañado da alcaldesa, Verónica Tourón, visitou hoxe as instalacións que o servizo estreou no Centro municipal de Servizos Sociais na rúa Coruña. Na visita participaron tamén a tenente de alcalde, Loli Castiñeira; a concelleira Gela Ledo e a psicóloga e a traballadora social do gabinete.

O proxecto supuxo un investimento de 10.925 euros financiados a través do Plan Concellos e permitiu dar resposta á necesidade dun servizo de apoio psicolóxico para a veciñanza, ademais de poñer en marcha unha escola de familias para o apoio na educación de crianzas e adolescentes. Ademais, o Gabinete ocupouse de realizar un labor preventivo en saúde mental a través de charlas informativas para a poboación en xeral e o alumnado. O novo servizo naceu dende a coordinación a partir con outros servizos municipais e a partir doutros programas anteriores como o Gabinete de Atención Temperá, o programa “Cultiva a Mente” e o II Plan Municipal de Igualdade. A día de hoxe conta con 49 persoas usuarias, das que a metade son menores.

A acollida das persoas usuarias no servizo de apoio psicolóxico realízase a partir da derivación por parte do profesional de referencia. Durante a pandemia logrouse manter a prestación e habilitouse a posibilidade de solicitude telemática. En canto ás escolas de familia funcionaron en coordinación cos centros escolares e de xeito grupal. Finalmente, as charlas, terceiro eixe da actividade do Gabinete, abordaron temas como os hábitos de vida saudables, a prevención das drogodependencias e outras condutas aditivas, prevención do acoso escolar, do suicidio e outras temáticas de interese.

O apoio da Deputación permitiu, ademais da posta en marcha, a dotación dos medios necesarios, como o equipamento informático, teléfonos móbiles e material básico de oficina. O Concello, pola súa banda, achegou o local. A xestión realizouse en colaboración coa asociación Avelaíña, que xa viña traballando neste eido. O horario de atención ao público cinguiuse ás mañás dos luns e tardes dos xoves para a atención psicolóxica, con periodicidade quincenal e en horario de tarde para a escola de familias e as charlas informativas con previa demanda. O Concello de Salceda xa tiña detectado a conveniencia de prestar este servizo de xeito integral para toda a veciñanza, pero a decisión reforzouse a partir da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES