In memoriam Adela Lago Iglesias de Uxía e familia Malvela.

"Adela Lago Iglesias, unha das fundadoras de Malvela, acaba de deixarnos con 71 anos.
Elas máis eu estamos abatidas e moi tristes, mais sabemos que a súa estrela sempre nos guiará e irá onde vaiamos, da nosa man. Esa muller morena, faladora, bailadora e simpática, fará brotar un sorriso no ollar e no bico un cantar.
Sempre no noso corazón e ao noso ladiño. Mandamos bicos de amor e consolo á súa familia e amizades".

A Corporación Municipal do Concello de Mos en xeral, e a súa alcaldesa, Nidia Arévalo, en particular, súmanse a estas fermosas verbas de Uxía e ás condolencias máis sinceiras para familiares e seres achegados a Adela... Sempre na lembraza de Sanguiñeda e de Mos.

¿E ti, es de Tweet?