jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaEva García de la Torre anuncia a súa dimisión para frear a...

Eva García de la Torre anuncia a súa dimisión para frear a moción de censura

Comparece este martes ás 12: 00 horas para anunciar a renuncia ao cargo.

A socialista Eva García de la Torre anuncia este martes que renuncia ao cargo de alcaldesa para evitar a moción de censura que, dende hai dúas semanas, prepara o Partido Popular e que ía apoiar o grupo de Eu Son. Comparecerá no salón de plenos do Concello e estará acompañada polos concelleiros e concelleiras do PSOE do municipio.

Deste xeito, a partir de que se formalice a dimisión de De la Torre comeza a conta atrás de 10 días para elexir un novo alcalde ou alcaldesa de Porriño, que, tal e como dixo o domingo a voceira de Eu Son logo da asamblea na que a militancia ratificou apoiar ao PP para presentar a moción de censura, «xa é esa persoa tería que buscar os apoios necesarios».

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES