Trátase do obradoido Somos Mos que inclúe tamén a especialidade de atención sociosanitaria, debido a alta demanda de postos de emprego neste sector

O Concello de Mos vén de recibir unha axuda de 376.946 euros para a posta en marcha do Obradoiro dual de Emprego Somos Mos, a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Este Obradoiro vai a permitir que 20 mosenses poidan formarse nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e albanelería, durante 9 meses.
Albanelería
A través da especialidade de albanelaría vanse realizar actuacións no paseo do río Louro que consistirán na reparación dos bordos do sendeiro e a consolidación de soleiras existentes, reparación de cimentacións de mobiliario urbano, así como reparacións de muros. Actuarase tamén no muiño do Cubo onde se van a realizar obras de delimitación da parcela, limpeza das paredes do muiño e consolidación destas e da canle, realizadas en mampostería de pedra do país e obras de rehabilitación necesarias para a restauración e conservación do Muiño.
Atención sociosanitaria
A especialidade de atención sociosanitaria está enfocada a poder cubrir con persoal cualificado a alta demanda de postos de emprego neste sector. Este obradoiro conseguirá que a súa cualificación non sexa só teórica senón que o alumnado poderá poñer en prácticas os seus coñecementos adquiridos con exemplos diarios de atención. “É necesario realizar unha substitución xeracional entre os actuais traballadores e que mellor forma que aprender da experiencia deles”, sinalan fontes municipais. Ademais existe un crecemento na demanda destes servizos debido ao envellecemento da poboación e ao crecemento da esperanza de vida.
Aquelas persoas que teñan interese en poder solicitar a participación no obradoiro de Emprego Somos Mos poden solicitalo a través da oficina virtual do SPEG (https://emprego.xunta.gal/portal/es/) ou acudindo as instalacións da Axencia de colocación do concello de Mos, sita na avenida de Peinador