Impártese esta segunda lingua estranxeira dende os seis anos e o alumnado poderá optar a un B1 en 1º e 2º de Bacharelato.

“Agora si podemos dicir que volvemos as nosas rutinas e horarios”. Coa última incorporación ás aulas do alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos, no Colegio Lar dan por inaugurado o curso escolar 2021/2022, que conta con 870 estudantes matriculados, desde os máis pequenos, de 0 a 3 anos BabyLar, á formación profesional que este ano estrea especialidades (Electromecánica de vehículos automóbiles e Axencias de viaxes e xestión de eventos) e modalidade en liña (Ensinanza e animación sociodeportiva, Educación Infantil e Integración Social)

“Este novo curso non deixa de ser raro en canto ao uso da máscara que xa está tan instaurada nas nosas costumes que non nos vemos sorprendidos ante a súa presenza, houbo poucos cambios de funcionamento, pero si se introduciron melloras en beneficio de toda a comunidade educativa, tanto a nivel de ensinanza como nos servizos ofrecidos”, explica o director Rodrigo Salgado Pombo.

No afán por mellorar e aportar máis, implantouse o sistema europeo na nosa segunda lingua estranxeira, o francés, un proceso de cambio cunha duración de dous cursos académicos para que os nosos alumnos opten a un B1 en 1º e 2º de Bacharelato. Así, todos os estudantes terán clase de francés desde o primeiro curso de Primaria, de maneira que desde os 6 anos se impartirán clases en castelán, galego, inglés e francés.

“Non hai más que boas palabras para valorar este inicio de curso, que é xa o décimo en constante crecemento, tanto en número de matriculados, non só por ter unha maior oferta educativa senón tamén en cursos como a ESO ou na etapa de gardería rexistráronse novas incorporacións, como na mellora das instalacións e servizos ofrecidos”

Outro cambio foi a frauta, loxicamente a súa práctica non foi posible por motivos COVID e é por elo que, despois de tantos anos, foi substituída polo ukelele, “unha revolución musical que enche as nosas casas de moitas risas”. Desta maneira, o ukelele converteuse no instrumento indispensable na clase de Música, que se imparte a partir de 2º de Primaria.

A volta á cada vez más ansiada normalidade tamén se ve plasmada na oferta de actividades extraescolares, “máis ampliada e mellorada, tanto en actividades deportivas como artísticas e de talento, destacando novidades como a práctica do golf e a hípica dentro do horario escolar”.

E, por outra parte, “as instalacións do colexio seguen en progresión e adaptándose aos tempos, renovando e acondicionando diferentes espazos como o comedor, cunha maior capacidade ao ser un servizo tan demandado polas nosas familias”.

Outro servizo mellorado é o de transporte escolar, cunha rede propia de autobuses que este curso viuse ampliada a 9 rutas, “da que son usuarios un gran número de estudantes”.

 

¿E ti, es de Tweet?