sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriñaAs 60 heroínas invisibles da pandemia

As 60 heroínas invisibles da pandemia

Sanitarios, repartidores, panadeiros e limpiadoras, pero tamén as auxiliares de axuda no fogar arriscaron a súa vida durante o confinamento polo ben dos nosos maiores.

O Concello de Mos celebrou esta semana o Día da Muller con un acto no que homenaxeou a un colectivo tantas veces invisibilizado, pero que a pandemia demostrou que é un dos máis esenciais. Falamos das auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar de Mos. Sesenta mulleres que, durante este último ano, foron exemplo de valentía, esforzo e dedicación.

“O noso traballo sempre foi complicado, e máis aínda nesta pandemia, onde en moitas ocasión sentimos o temor ante o descoñecido, terror a equivocarnos e pánico a contaxiar aos nosos usuarios e usuarias, así como contaxiar ao noso entorno”, recordou Natalia Fernández, unha das auxiliares do SAF mosense.

Por esta loita mereceron o recoñecemento do Concello de Mos e da Consellería de Política Social, representada no acto pola conselleira Fabiola García. Tanto ela como a alcaldesa, Nidia Arévalo, fixeron fincapé na necesidade deste servizo, que se fixo máis imprescindible se cabe, en pandemia.

Xunto ás auxiliares do SAF, Concello e Xunta tamén puxeron en valor o traballo dos Servizos Sociais, que en Mos levan máis de 30 anos representados por Loli Lago. Loli, xefa dos Servicios Sociais de Mos, recibiu unha homenaxe sorpresa e adicou estas palabras ás auxiliares de axuda no fogar: “grazas a vós, os nosos maiores poden envellecer en Mos, na súa casa e rodeados dos seus veciños”. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES