miércoles, noviembre 13, 2024
InicioNewsComarcasBaixa a incidencia en Soutomaior e en Mondariz non hai casos en...

Baixa a incidencia en Soutomaior e en Mondariz non hai casos en 7 días

Baixa a incidencia no municipio de Soutomaior con menos de 75 casos por cada 100.000 habitantes e Mondariz ten o contador a cero en contaxios nunha semana

 

Soutomaior e Mondariz son os concellos nos que diminúe a presión do virus entre a súa veciñanza. No caso do concello da Área Metropolitana de Vigo, é a primeira vez que descende dos 75 contaxios por cada 100.000 habitantes en 7 días neste mes, aínda que mantén a incidencia entre os 150 e 250 positivos en dúas semanas por cada 100.000 habitantes. Na localidade do Condado, non hai ningún veciño nin veciña que foran diagnosticados coa COVID-19 nunha semana. Con todo, si os hai en 14 días polo que non é posible, polo de agora, incluilo na listaxe dos municipios libres de coronavirus.

Soben os casos no Rosal ata unha incidencia superior aos 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. Nesta mesma situación epidemiolóxica atópase Tomiño. Ambos os dous con máis de 50 pero menos de 150 positivos en dúas semanas.A presión do virus aumenta en Ponteareas tamén, aínda que dun xeito máis livián, posto que agora ten máis de 10 casos por cada 100.000 habitantes ando na xornada anterior non os superaba.

Pola contra, baixan o número dos novos casos dianosticados no concello da Cañiza, con menos de 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana e no de Tui son menos de 25 positivos en dúas semanas agora. Nesta mesma incidiencia están os municipios de Nigrán e Salvaterra de Miño.

A maioría dos concellos da bisbarra rexistran unha incidencia entre os 35 e os 75 casos por cada 100.000 habitantes: A Guarda, Oia, Gondomar, Fornelos de Montes, Soutomaior, Redondela, Vigo, Mos e O Porriño.

Nunha mellor situación epidemiolóxica, sitúanse as localidades de Baiona, Salceda de Caselas, O Covelo, Pazos de Borbén e Mondariz. Os catro últimos con cero novos contaxios nunha semana.

Continúan libres de virus Mondariz-Balneario, As Neves, Arbo e Crecente

Falece unha persoa por mor da COVID-19 na Área de Vigo

Sanidade vén de notificar o falecemento dunha muller de 89 anos no Chuvi por mor do virus o 17 de marzo . A muller presentaba patoloxías previas, segundo apuntan dende o SERGAS. Na comunidade morreron  5 persoas coa COVID-19 en 48 horas.

Son 3 casos positivos activos máis na Área Sanitaria de Vigo que onte. Así, son 487 veciños e veciñas da Área co virus. Pola contra son catro persoas menos ingresadas en hospitalización convencional ata os 43 pacientes mais aumenta o número de ingresos na UCI con dous máis ata os 12.

A área de Vigo e a de Ourense son as únicas que aumentan o número de casos positivos activos de Galicia.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS