sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriñaAlumnado de Mos propón un día de apagón tecnolóxico

Alumnado de Mos propón un día de apagón tecnolóxico

Sería o 23 de decembro, co fin de fomentar as relacións interpersoais

Mos celebra o seu xa tradicional Pleno Infantil conmemorativo do Día da Infancia, onde darlle voz a infancia como axentes participativos da nosa sociedade. A iniciativa forma parte do programa municipal de actividades cos centros educativos en horario lectivo.
Durante a sesión plenaria celebrada esa mañá no Pazo de Mos, o alumnado do CEIP Mestre Martínez Alonso solicitou á alcaldesa Nidia Arévalo decretar un día de apagón tecnolóxico para fomentar as relación interpersoais.

A cativada propuxo o 23 de decembro, primeiro día das vacacións de Nadal, como a data elixida para apagar móbiles, tabletas, ordenadores, televisores e consolas e dedicarlle máis tempo aos xogos e conversas con familia e amigos.

Participaron no pleno alumnado de 5º de educación primaria dos centros educativos do Concello de Mos: CEIPs de Petelos, Mestre Martínez Alonso e Atín-Cela. Os CEIP de Pena de Francia e Mestre Valverde Mayo participaron con 6º de Primaria. Cada centro educativo elixiu a dous representantes que actuaron como voceiros.
O tema debatido no Pleno foi o Día da Infancia: dereitos dos/as nenos/as e a convención sobre os dereitos do nenos é un tratado internacional que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de Novembro de 1989, e ratificado por España o 30 de Novembro de 1990, tras a entrada en vigor do tratado o 2 de setembro de 1990.
Os docentes dos 5 centros educativos traballaron previamente o tema co alumnado nas respectivas aulas, antes da sesión plenaria.
Os obxectivos desta iniciativa son dar a coñecer ao alumnado mosense as dependencias e o funcionamento das sesións plenarias do Concello de Mos, a celebración do Día da Infancia e a conmemoración do aniversario da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno, dar voz á infancia como axentes participativos da nosa sociedade., que os participantes podan aprender de forma diferente, potenciando a argumentación e o razoamento, ademais de observar e coñecer aspectos básicos de conversación e razoamento: diálogo, debate, organización dos puntos a tratar no Pleno, así como a traballar de xeito cooperativo co alumnado doutros centros educativos do Concello de Mos, fortalecer o pensamento lóxico e motivar aos alumnos a través dunha experiencia real e práctica.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES