sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaA unión fai a forza na hostalería de Mos

A unión fai a forza na hostalería de Mos

Os hostaleiros e as hostaleiras únense fronte a adversidade para conformar unha asociación e, así, «ser máis fortes fronte ás administracións».

«A unión fai a forza». Así o consideran os hostaleiros e as hostaleiras de Mos, que se xuntan co fin de paliar as consecuencias dos aforamentos e das restricións que impuxo a pandemia da COVID-19.

O 60% dos propietarios e das propietarias dos establecementos hostaleiros do concello da Louriña forman parte deste colectivo de próxima creación. Únense, agora, no que sería a primeira asociación do sector do municipio. Buscan solucionar os problemas que comparten como a dispersión, a competencia desleal dos furanchos, segundo aseguran e as restricións por mor da pandemia.

Os integrantes aseguran que a alcaldesa, Nidia Arévalo, fíxolles chegar todo o apoio do concello para esta asociación, que sería a primeira da historia de Mos.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES