Un veciño alertou de ruídos no interior dunha vivenda en construción situada no centro urbano.

A colaboración cidadá foi neste caso, como noutros, un piar fundamental no labor diario de prevención de condutas ilícitas. Así o sinalan dende a Xefatura da Policía Local do Porriño cando informaron da chamaba dun veciño para avisar que escoitaba ruídos no interior dunha obra en construción dunha vivenda unifamiliar situada no centro urbano. Desprazada unha dotación da Policía Local, os axentes comprobaron como dende a rúa se escoitaban ruídos que viñan do interior da obra e tras realizar unha inspección lograron deter a un varón de 19 anos de idade que se atopaba agochado nunha das habitacións, onde tiña preparada diversa maquinaria e ferramenta lista para ser subtraída.
O propietario do material recuperado valorou o mesmo en máis de 2.000 euros e os danos producidos nuns 1.000 euros aproximadamente.

¿E ti, es de Tweet?