viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaA mocidade do Porriño mergúllase no mundo dos podcast da man de...

A mocidade do Porriño mergúllase no mundo dos podcast da man de Damián Alonso

Escolares dos centros de Educación Primaria participan nos obradoiros de podcast organizados polo Concello

Preto de 200 estudantes de 4º de Educación Primaria participan estes días nos obradoiros de podcast organizados pola Concellería de Educación do Concello do Porriño a través da OMIX.
Trátase de obradoiros totalmente prácticos e participativos que se están a desenvolver nos centros de Educación Primaria do Porriño impartidos polo actor de dobraxe e locutor Damián Alonso.
“Os podcast convertéronse nun recurso educativo de moito valor, xa que melloran a comprensión e a expresión oral, ademais de axudar a desenvolver habilidades da linguaxe e a comunicación”, apuntou a concelleira, Carolina González. “Entre outras axudas educativas, a creación dun podcast estimula a imaxinación contando sen imaxes, reforza a aprendizaxe, potencia a comunicación, axuda na aprendizaxe colaborativa e aumenta a motivación”.
Nesta actividade as mozas e mozos traballan todo o proceso de creación dun podcast, dende a súa creación ata como se locuta, se grava e se publica. “A nosa mocidade ten ganas de seguir aprendendo e por iso debemos adaptar as nosas propostas e modernizalas para que se adapten ás súas necesidades”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES