Celebrouse a terceira mesa da saúde na que se presentaron os programas “Semana da saúde”, para o alumnado do instituto, e “Receita de actividade física”, dirixido a toda a veciñanza

Esta terceira edición estivo formada pola alcaldesa Nidia Arévalo; a concelleira de Educación, Julia Loureiro; a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro; a educadora municipal, Alba Bugarín; persoal sanitario, persoal docente, persoal de emerxencias, monitores deportivos e persoal do Centro Esclavas Virxe Dolorosa. Do centro de saúde de Mos estiveron presentes as enfermeiras de familia e atención comunitaria, Lorena Comesaña,
Inés Alonso e María Insua, que presentaron dous novos programas a poñer en marcha: a “Semana da saúde”, no IES de Mos para o ano 2023, e o programa “Receita de actividade física”, dirixido a toda a veciñanza e poñendo en valor a importancia do deporte vinculado á saúde.

Os temas relacionados cos centros educativos tiveron gran protagonismo nesta xornada, facendo avaliación
do “Obradoiro de Primeiros Auxilios” dirixido a docentes que tivo lugar durante este curso con un balance moi positivo do mesmo, e puxéronse sobre a mesa novas propostas de mellora.
Outra avaliación importante con resultados moi positivos foi a do “Obradoiro de Almorzos Saudables 2022” da que tamén saíron novas propostas de mellora de cara ao curso 2023.
Outros puntos tratados na mesa foron:
o balance e as conclusións do “Obradoiro Sexual Afectivo que se desenvolveu no centro Esclavas Virxe Dolorosa” e o balance e propostas de mellora do “obradoiro de infeccións de Transmisión Sexual e Anticoncepción” que se desenvolveu no IES de Mos con gran participación do alumnado.
Por último tratouse a avaliación do “Obradoiro de Chan Pélvico” que se levou a cabo no Pazo de Mos, con gran afluencia e que a todos os membros da mesa lles pareceu de suma importancia que se volva a repetir.
Os asistentes valoraron a xornada como “moi produtiva de cara a mellorar a saúde e o estado físico de diferentes colectivos da nosa da nosa comunidade”.
Sobre a Mesa que aglutinou a tan diferentes colectivos municipais relacionados coa saúde, a alcaldesa destacou o feito de que “traballar da man faise especialmente importante e necesario nun momento no que é fundamental fomentar bos hábitos de vida e alimentación saudables entre a poboación, polo que felicito e doulle novamente as grazas ao persoal do Centro de Saúde que tivo a iniciativa da primeira mesa e que están totalmente implicadas no noso concello e cos seus pacientes”.
Durante a celebración da Mesa formuláronse e planificáronse actividades a levar a cabo cos diferentes colectivos (escolares, adolescentes, mediana idade e maiores) por parte das enfermeiras.
Os obxectivos desta Mesa son sempre dar a coñecer aos principais activos comunitarios, a iniciativa de crear un espazo que se converta nunha ferramenta clave de participación que permita coñecer as necesidades sentidas dos cidadáns, organizacións e institucións locais e que a través da coordinación desenvólvanse intervencións comunitarias que dean resposta a estas demandas mellorando a calidade de vida da poboación mosense. Facilitar o contacto, comunicación e coordinación intersectorial no municipio. Crear sinerxías entre os diferentes actores do territorio optimizando os recursos da comunidade. Visualización das fortalezas e debilidades do territorio. Promover a saúde e o benestar social, potenciando a capacidade das persoas e grupos para a abordaxe dos seus problemas, demandas e necesidades.

¿E ti, es de Tweet?