A maior protesta da historia do sector da imaxe persoal urxe a rebaixa do IVE ao 10%

Porriño acolleu unha das cen mobilizacións organizadas en España este luns, secundada por profesionais da Louriña, Condado-Paradanta, Baixo Miño e Val Miñor.

Representantes do sector da imaxe persoal de toda España saíron esta semana á rúa para reclamar ao Goberno a baixada do IVE ao 10%. Salóns de peiteado e estética e barberías, soportan desde o 2012 un IVE do 21%. Nese ano o goberno central prometeulle ao gremio que sería una subida temporal, pero nove anos despois, e no peor momento posible, con perdas do 40% por mor da pandemia, esa reposición do IVE ao mínimo segue sen chegar.

A praza do Concello do Porriño, foi un dos cen puntos en toda España escollidos polo sector para facer visible a súa reclamación.

Profesionais á fronte de salóns de peiteado, salóns de estética e barberías das comarcas da Louriña, Condado-Paradanta, Baixo Miño e Val Miñor secundaron esta mobilización, a maior protesta da historia do sector da imaxe persoal.

Entre todos piden consenso á clase política para devolverlle o IVE ao 10%.

O gremio da imaxe persoal está unido e continuarán facendo as concentracións que fagan falla. 

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron