domingo, febrero 25, 2024
InicioComarcasLouriñaAchado arqueolóxico histórico en Salceda

Achado arqueolóxico histórico en Salceda

Varios petróglifos foron descubertos no monte comunal da parroquia de Budiño.

A Comunidade de Montes de Santo Estevo de Budiño descubriu, a pasada fin de semana nunha parcela de monte comunal, uns petróglidos inéditos. A alcaldesa Loli Castiñeira visitou xunto con membros da Comunidade a zona, próxima ao campo de fútbol.
Trátase, segundo confirman fontes municipais, “dun achado histórico, xa que ata o momento non se coñecían gravados deste tipo no noso Concello”.
Os xacementos compóñense dunhas marcas, denominadas cazoletas ou coviñas, e xa foron analizados por un arqueólogo e comunicados á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a súa catalogación

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES