O concelleiro de Seguridade, Tráfico e Persoal, Ismael Troncoso Martínez, vén de dimitir do seu cargo logo ser acusado, nas Redes Sociais, de dárse á fuga nun accidente que tivo lugar na noite do mércores 14 de abril.

Ismael Troncoso Martínez vén de presentar a dimisión como responsable de Seguridade, Tráfico e Persoal do concello de Tomiño "despois de varios días de reflexión", segundo apunta nun comunicado. Troncoso foi acusado, nas Redes Sociais,  de dárse á fuga nun accidente que tivo lugar o mércores 14 de abril. Un suceso no que, segundo explica o xa ex concelleiro, "non estiven  á altura e que, tal vez, sen intención, faltei á exemplaridade que se espera das persoas que ocupamos un cargo público".

Explicou Troncoso que "nas últimas semanas vinme involucrado nunha situación que está a xerar certa polémica" polo que, neste senso, aclara que "os danos provocados polo meu vehículo foron asumidos e resoltos co propietario do turismo implicado ao día seguinte do accidente, dado que se produciu pola noite".

Toma a decisión Ismael Troncoso porque " todo isto está afectar á miña familia, a terceiras persoas e ao goberno de Tomiño" e lamenta que "un incidente que está resolto amistosamente estea a xerar multitude de versións falsas".

Despediuse o ex responsable de Tráfico agradecendo "a todas as persoas, veciños e veciñas, que me deron a oportundiade de traballar para o meu concello".

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral