As dúas praias fluviais de Tui, Areeiros en Guillarei e O Penedo en Caldelas, xa están prontas para a tempada estival, logo de que o Concello rematara o seu acondicionamento.

Procedeuse á limpeza destes espazos e ao balizamento da zona de baño por terceiro ano consecutivo, co que se mellora a seguridade dos bañistas que acoden a estas praias. Ademais, tanto Areeiros coma O Penedo contan cunha calidade da auga “Excelente”, segundo o control de augas en zonas de baño que realiza a Xunta.

Por outra banda, este ano, non se instalarán baños públicos en ambas praias ante a dificultade do cumprimento da normativa establecida en materia sanitaria debido á pandemia da COVID 19.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron