jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsComarcasBaixa a incidencia en Mos, Salvaterra, na Cañiza e na Guarda

Baixa a incidencia en Mos, Salvaterra, na Cañiza e na Guarda

Mos e Salvaterra de Miño baixan dos 75 casos por 100.000 habitantes; A Cañiza dos 25 e A Guarda, dos 10, segundo o SERGAS

A Área Sanitaria de Vigo experimenta cambios diarios en canto á incidencia da COVID-19 nos concellos. Algúns deles flutúan entre as máis baixas e as medias é o caso, por exemplo, da Guarda. Este concello do Baixo Miño sitúase agora con menos de 10 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana mentres que nas anteriores actualizacións oscilaba entre unha cifra que os superaba e incluso con máis de 25. Con todo, a presión do virus entre os veciños e as veciñas da Guarda é arestora a máis baixa que contempla Sanidade ao estar por debaixo dos 10 positivos por 100.000 habitantes.

Salvaterra de Miño e Mos presentaban onte a mesma incidencia que Gondomar con 75 casos por cada 100.000 habitantes nuna semana. Nesta última actualización do SERGAS, o concello do Condado e o da Louriña sitúanse coa maioría dos demais municipios das comarcas xunto a Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Crecente e O Porriño con menos de 75 positivos por cada 100.000 habitantes.

Igualmente, a Paradanta experimenta cambios en canto aos novos casos diagnosticados en COVID-19. Logo de superar os 25 positivos por cada 100.000 habitantes entre a súa veciñanza, nesta última actualización de Sanidade A Cañiza non se achega a esta cifra. Tomiño, Tui, Redondela e Ponteareas manteñen esta mesma incidencia con respeto aos datos da anterior actualización do SERGAS.

Nunha marxe, atópanse os concellos do Rosal, Soutomaior, Arbo, Pazos de Borbén e Mondariz con ningún positivos entre os seus veciños e veciñas nunha semana, aínda que si en dúas, polo que non é posible incluilos na listaxe dos municipios libres de COVID-19 como o están Salceda de Caselas, Fonelos de Montes, O Covelo, As Neves e Mondariz-Balneario. E noutra marxe, coa maior incidencia das localidades das comarcas, sitúase Gondomar con máis de 75 contaxios por cada 100.000 habitantes con 15 novos positivos diagnosticados entre a poboación.

Menos casos activos e un paciente menos ingresados por mor da COVID-19

Son 24 positivos activos menos en COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo ata os 581 e un paciente menos ingresado por mor do virus ata os 42 en camas convencionais e 8 na UCI. Todas as áreas de Galicia descenden os positivos activos e a de Vigo é a que máis o fai con 24 menos, séguelle a da Coruña con 13 menos.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES