viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsComarcasBaiona baixa ao nivel medio de restricións no que continúa Gondomar

Baiona baixa ao nivel medio de restricións no que continúa Gondomar

O Comité Clínico vén de decidir que Baiona baixe ao nivel medio de restricións polo que a hostalería poderá abrir no interior dos locais

Baiona, municipio no que rexían as limitacións do nivel alto desde antes da Semana Santa, descende ata o medio. Así, a partir da media noite do xoves cara ao venres 9, os hostaleiros e as hostaleiras do concello poderán atender tamén no interior dos locais ao 30% da capacidade e mantense o aforamento do 50% nas terrazas. Gondomar seguirá con estas mesmas limitacións.

Pazos de Borbén sitúase cos demais municipios das comarcas no nivel máis baixo de restricións logo de varias semanas coas mesmas limitacións que Baiona. A hostalería deste concello amplía o aforamento tanto no interior, ata a metade da capacidade, como no exterior ata o 75% do aforamento.

Pola súa banda, o Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove. Isto implica que a mobiliade nestes municipios non está permitida agás por causas xustificadas e a hostalería estará pechada a partir do venres.

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en seis concellos galegos, nomeadamente, na Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral. Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas,Moaña xunto con Gondomar e Baiona.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

A partir das 12:00 horas mañá o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ofrecerá unha conferencia de prensa na que dará conta destas decisións.

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES