sábado, abril 20, 2024
InicioNewsComarcasA Cañiza, Ponteareas, As Neves e Arbo, no nivel medio de restricións

A Cañiza, Ponteareas, As Neves e Arbo, no nivel medio de restricións

Os aforamentos da hostalería e da restauración redúcense ata o 50% no interior das terrazas e, tamén, ata o 50% no interior.

O comité que asesora á Xunta na pandemia da COVID-19 decide elevar as restricións en catro concellos da bisbarra. Deste xeito, rexerán as medidas do nivel medio nos municipios de Ponteareas, Arbo, A Cañiza e As Neves a partir da noite do venres para o sábado 31 de xullo. Un nivel medio no que segue Tui.

Ao inicio da fin de semana, a hostalería e a restauración limitan o aforamento ata o 50% no interior e ata, tamén,  o 50% no exterior. O ocio nocturno está permitido dentro dos locais á metade da capacidade, sempre que se acredite un certificado COVID ao igual que en todos os concellos galegos, e ao completo nas terrazas e deberá pechar ás 03:00 horas. Amáis, as reunións entre persoas non conviventes están prohibidas dende esa mesma hora ata ás 06:00 horas.

Xunto a estas localidades da bisbarra, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimetno tamén en  Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Noia, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Ribadavia, Sada, San Cibrao das Viñas, Sarria, Silleda, Teo, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, Brión, A Capela, Carnota, Cedeira, Cee, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Padrón, Pontedeume, Rianxo, Toques, Valdoviño, Barreiros, Rábade, O Valadouro, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Barro, Cangas, A Lama e Vilaboa.

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES