Segundo os medios lusos, tiña 39 anos e oficiaba en varias parroquias do municipio.

Un párraco da diócese de Viana de Castelo recoñece que abusou dun menor. Ten 39 anos e oficiaba en varias parroquias de Monçao.

Todo comezou cando a diócese de Viana do Castelo, segundo apuntan medios lusos, recibiu unha denuncia sobre un dos seus párrocos acusandoo de abusar de menores. A entidade confrontou esa información co relixioso e este recoñeceu os feitos e anunciou a súa decisión de retirarse do exercicio das súas funcións.

Nun comunicado, a diócese apunta que "compartimos o profundo sufrimento da víctima e da familia, xunto cun enorme sentimento de vergoña".

O párroco oficiaba nas parroquias do Divino Salvador de Cambeses, Santa Maria de Abedim, Nossa Senhora das Neves de Bela, São João Baptista de Longos Vales, São João Baptista de Portela e São Miguel de Sago, no municipio de  Monção.

 

¿E ti, es de Tweet?