viernes, abril 26, 2024
InicioNewsA RaiaPortugal crea unha reserva estratéxica de gas natural

Portugal crea unha reserva estratéxica de gas natural

Terá unha vixencia de dous anos.

O Goberno luso vén de crear unha reserva estratéxica de gas natural. Amáis, estableceu medidas extraordinarias e temporais co fin de garantir a seguridade do abastecemento de gas. Terá unha vixencia de dous anos, segundo un comunicado.

«Non pode desbotarse que feitos extraordinarios poidan poñer en perigro a garatía do suministro da gas natural ao Sistema Gasista Nacional, polo que é importante implantar preventivamente medidas expcepcionais e temporais», segundo explica o Goberno.

Así, os custos asociados á constitución e mantemento da reserva estratéxica, incluído o emprego das infraestruturas regladas son asumidos integramente polos comercializadores de gas en réximen de mercado, «mediante cuotas mensuais en efectivo a realizar para o beneficio da Entidade Nacional do Sector Enérxico, con base ao consumo real dos clientes».

O ente nacional poderá proceder á venta parcial da reserva estratéxica coa autorización do Goberno luso, que é resposable da área de enerxía. Con todo, a venta da reserva a un prezo inferior ao custo promedio require de autorización da área de finanzas.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES