viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsA RaiaInfluencers e operadores de viaxes descubren a raia do Miño

Influencers e operadores de viaxes descubren a raia do Miño

Visitarán durante toda a semana os lugares máis emblemáticos do territorio miñoto para recomendar este destino.

Os operadores de viaxes especializados en turismo que estes días están a coñecer o territorio do Miño están a descubrir un destino cunha grande potencialidade por desenvolver. Así o deixaron ver na recepción institucional que contou co vicedirector do AECT Río Miño, Uxío Benítez.

Na xornada de hoxe comezaron o seu percorrido polo territorio comezou en Valença, para despois pasar a Tui atravesando a Ponte Internacional, facer rafting en Arbo, comer na adega Señorío de Rubiós, gozar das ecopistas de Monçao, visitar a adega de Soalheiro, e visitar a Caixa dos brinquedos. Mañá continuarán por Cerveira e o Rosal logo de no día de onte ter unha axenda apretada na que repetiron as actividades realizadas polo grupo de ‘influencers’ e bloggers o pasado martes.

Na recepción institucional, Benítez explicoulles a representantes das axencias e maioristas o proxecto Visit Río Miño e o desenvolvemento da marca Río Miño que está a divulgar o AECT baixo os lemas ‘dous países un destino’ e ‘dous países, un destino, grandes experiencias’. Subliñou que se pretende facer un traballo estratéxico de construír no territorio un destino sobre o río “que xera identidade, paisaxe e natureza propias”.

“Os turismos de natureza, máis seguros e menos desenvoltos teñen moito futuro”, apuntou Benítez, amosándose claramente dacordo coas e cos representantes das axencias e operadores, que manifestaron o seu interese por redeseñar a súa oferta cara o mercado de destinos de proximidade. Estes destacaron, de feito, a súa necesaria especialización en produtos non masificados, de calidade e a medida, alternativos, con aloxamentos especiais, ou de viaxes de natureza, e subliñaron o interese de públicos europeos en destinos como o do Miño.

Ante os comentarios das persoas participantes no ‘famtrip’ –explicou Benítez- o AECT seguirá a afondar na súa estratexia de promocionar o territorio e a marca transfronteiriza por, ademais, estar situado nunha ubicación estratéxica entre Vigo e Porto.

A presentación do Miño transfronteirizo a ‘influencers’ e operadores organizada polo AECT vai durar toda a semana. Nos primeiros días as actividades estiveron dirixidas a un grupo de xornalistas, influencers e bloggers moi activos e dunha grande experiencia tanto en medios estatais como internacionais: Alberto Ribas, coñecido como ‘Alvientooo’, finalista en diferentes premios estatais de ‘influencers de turismo; Daniel Keral, responsable de ‘Un viaje creativo’,unha web que recibiu o Premio Internacional de Comunicación Turística en 2017 como mellor blog de revelación de viaxes; Eva Abal, encargada de ‘Una idea de viaje’ e colaboradora de diferentes revistas e na páxina ‘Hostelworld’; ou os representantes do suplemento de viaxes Fugas do Diario Público de Portugal. Dende onte e ata venres o percorrido está dirixido a axencias e multinacionais organizadoras de paquetes de viaxes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES