viernes, abril 19, 2024
InicioNewsA RaiaA AECT denuncia o peche das fronteiras en Bruxelas

A AECT denuncia o peche das fronteiras en Bruxelas

Reclama a apertura coas garantías dos medios necesarios para levar a cabo un control efectivo e dentro das dispoñibilidades de vixilancia

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal denuncia a situación creada logo do peche dos pasos fronteirizos da raia diante de representantes da Comisión Europea no marco do webinar The role of SMEs in border regions, organizado pola ARFE (Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas). Na actualidade, so están autorizados o paso de Tui-Valença do Minho e o de Verín-Vila Verde da Raia as 24 horas do día e o de Salvaterra de Miño, dúas horas pola mañá e dúas pola tarde.

Neste contexto, A AECT da Eurorrexión reclamou que se volvan abrir o máximo número de pasos posibles, garantindo os medios necesarios para levar a cabo un control efectivo dos mesmos e lamentou que «non se tivera aprendido nada» das consecuencias do peche de fronteiras do ano pasado.

O peche de 24 dos 27 pasos, que entrou en vigor o pasado 31 de xaneiro, veu a agravar as negativas repercusións socioeconómicas da pandemia da covid-19 na «raia», moi especialmente nas Eurocidades. Este impacto negativo tamén o sufriron transportistas e traballadores transfronteirizos, que, aínda estando autorizados a moverse entre Galicia e Portugal, víronse obrigados a soportar longas colas de varias horas e, nalgúns casos, a realizar ata 200 quilómetros máis ao día para poder cruzar a fronteira.

A apertura do máximo número de pasos fronteirizos posibles dentro das dispoñibilidades de vixilancia, para aqueles autorizados a desprazarse entre os dous países, non socavaría os esforzos para conter a pandemia. É máis, a actual situación está a provocar aglomeracións nos pasos que seguen abertos, especialmente nos horarios de entrada e saída do traballo, e pode facer que quen ten que realizar percorridos máis longos opten por compartir os vehículos para aforrar custos, co consecuente incremento das posibilidades de contaxio. Ao que hai que engadir os prexuízos para a calidade de vida dos traballadores, a economía, e, mesmo, o medio ambiente.

SOS traballadores transfronteirizos

Os alcaldes e as alcaldesas da raia do Miño xa retomaran as protestas para urxir a reapertura dos pasos este mércores. O obxectivo, segundo apuntaron nunha concentración na ponte de Tui-Valença, «é que os traballadores e as traballadoras non asuman os custos de percorrer ata 100 kilómetros ao día para cumplir coas súas obrigas laborais».  

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES