Aínda que lle gusta o electrónico, ás veces pon a Camela.

Cando estás ao seu carón, namórate coa mirada e coa súa voz pausada. Mais se podes mirar no interior atopas un corazón musical de camaleón auténtico. Falo de Rubén Sarmiento Dasilva, o locutor e Dj de Si Radio que fai mellores as tardes de centos de galegos e galegas.

Coñecido tamén como Dj Vespi, este locutor é un home ao que lle "mola" a música electrónica, pero que se ten que facelo, pincha a camela, sempre cunha xustificación axeitada, coa petición educada dunha ou dun ouvinte. Faino no programa As Tardes que se emite de luns a venres en Si Radio, así como a través de Internet e da nosa app.

A súa paixón pola música electrónica lévao a un programa centrado nese xénero musical os sábados en Ourense Si Radio: o xa famoso Dancefloor xunto ao compañeiro de Si Radio de Galicia César Fernández (DJ Caesar).

Da Hercules a Allen & Heat

Rubén Sarmiento naceu en Ourense o 18 de Xullo do ano 1982, en forma de paga de verán para os seus país, malia que no 82 aínda había quen lle chamaba a extra paga do 18 de xullo. Xa dende pequeno ten claro que o que lle gusta é a música. Con 15 años acumula unha gran biblioteca musical formada por cassetes, cd´s e vinilos de variados estilos musicais de diferentes épocas. Neste mesmo ano, faise cunha pequena mesa de mezclas Hércules, conseguida cos seus aforros. Con isto e un ordenador é como aprende, dende a sua casa e dun xeito autodidacta a través de tutoriais na internet, a pinchar e a mesturar. Segundo vai aprendendo, fai as súas propias sesións e grávaas para vendelas e poder mellorar o equipo do que dispón. De feito, na actualidade, conta cun pequeno estudo na súa casa onde segue a disfrutar a diario da sua afición pola música. Iso sí, xa non coa antiga Hércules; que aínda garda con agarimo, senón cun "canón" de misturadora da marca Allen & Heat.

Recén cumpridos os 17 anos, no ano 1999, ponse diante do público traballando coma Dj nun pub (Space 2000), e como Light Jockey con DJ Alberto na discoteca Mami, da localidade próxima de A Manchica, en Ourense.
No ano 2001, en pleno boom da marcha na cidade de Ourense, segue disfrutando da sua paixón compartindo cabina, no Pub Klimax, con outros dous coñecidos DJs da cidade.

Locafm foi o seu bautizo de radio

No ano 2016, despois de varios anos afastado das cabinas de Djs debido a que outro traballo facíalle incompatible seguir no mundo da noite, malia que sempre vencellado e rodeado de música, róndalle a idea de poñer en marcha unha radio FM electrónica xunto a varios amigos, dando como resultado a creación de Locafm Ourense: emisora ​​totalmente adicada á música electrónica, e coa que se fai realidade a idea de cubrir un oco nas ondas cun estilo musical cada vez máis demandado pola audiencia galega.

Dentro da programación da emisora, DJ Vespi, crea un espazo musical chamado Pista Central, co que pode dar renda solta á súa paixón polo estilo musical co que máis disfruta.

Ao ano seguinte, logo de ser seguidor e ouvinte activo diario do programa de Roberto De Álvarez, As mañas de Álvarez en Ourense Si Radio, é convidado a colaborar dende os estudos, convite que acepta entusiasmado e con vergoña, a partes iguais. Malia que xa estivera á fronte de Pista Central¨, esta foi a súa primeira oportunidade de pórse diante dun micro en directo.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral