HomeNewsActualidadeFalece un menor en Salamanca ao ceder unha fonte durante a celebración...

Falece un menor en Salamanca ao ceder unha fonte durante a celebración do Mundial

Un menor de 13 anos morreu esta madrugada durante a celebración pola vitoria de España na Copa do Mundo. Os feitos ocorreron en Cidade Rodrigo (Salamanca) ao derrubarse a fonte da Glorieta del Árbol Gordo. Outro menor permanece ingresado en estado grave no Hospital de Salamanca cunha fractura nunha perna, e un terceiro foi atendido no centro de saúde da mesma localidade e xar recibiu a alta.

Segundo informou a Garda Civil, o suceso ocorreu en torno ás 00:30 horas. A estrutura da fonte cedeu mentres unhas cincuenta persoas celebraban o triunfo da selección.

O servizo de Wmerxencias 112 de Castela e León foi alertado a través de varias chamadas, avisando de que existían varias persoas atrapadas no punto, debido ao derrubamento da fonte.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, dos Bombeiros da Deputación de Salamanca, a Policía local de Cidade Rodrigo así como os servizos sanitarios de Sacyl.

Os tres menores foron trasladados nun primeiro momento ao centro de saúde da localidade. Un deles faleceu, o outro foi derivado ao Hospital de Salamanca debido á gravidade das súas lesións e o terceiro recibiu a alta tras ser atentido.

A Junta activou o Grupo de Intervención Psicolóxica en Desastres e Emerxencias para prestar apoio aos familiares do menor falecido.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS