Mércores, Abril 15, 2026
HomeNewsActualidadeSanidade anuncia unha nova praza de médico para o PAC do Porriño

Sanidade anuncia unha nova praza de médico para o PAC do Porriño

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe o reforzo do Punto de Atención Continuada do Porriño cunha nova praza de médico, que permitirá mellorar a atención das urxencias en horario de tarde de luns a sábado e con cobertura de 8 a 22 horas nos domingos.

O titular da carteira sanitaria da Xunta, acompañado do xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, visitou o centro de saúde do Porriño para “agradecerlles aos profesionais o seu traballo” e para abordar coa dirección da área, os responsables do servizo e o Concello as necesidades asistenciais deste centro.

O conselleiro sinalou a coincidencia de todos en que é oportuno incrementar a presenza de médicos neste dispositivo asistencial a partir das 15 horas para atender as urxencias extrahospitalarias, como se está a facer nas últimas semanas, pero convertendo este reforzo en estrutural.

O máximo responsable do Sergas lembrou que o centro de saúde do Porriño é un dispositivo con gran volume de actividade, xa que presta asistencia a unha poboación de máis de 21.000 persoas e, no caso do PAC, esta cifra duplícase ata os 43.500 veciños e veciñas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS