Xoves, Marzo 5, 2026
HomeNewsActualidadeMos abre un prazo de preinscrición orientativo para a nova Escola Infantil...

Mos abre un prazo de preinscrición orientativo para a nova Escola Infantil do Rebullón

O Concello de Mos abre o 9 de marzo un prazo de preinscrición orientativo para a nova Escola Infantil do Rebullón, co fin de coñecer a demanda real de prazas de cara ao curso 2026/2027.

Este trámite, que se fai a través do rexistro do Concello, terá carácter informativo e non vinculante, polo que non supón a matrícula automática no centro. Unha vez avaliados os datos recollidos, o Concello anunciará o prazo oficial de preinscrición e o procedemento definitivo.

As obras da nova escola xa están rematadas. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, vén de visitar a instalación, acompañada polo concelleiro Camilo Grandal, para comprobar o resultado final dun proxecto moi agardado polas familias do municipio. O centro contará con 41 prazas públicas e gratuítas, ampliables ata 82 no futuro, reforzando así a rede municipal de educación infantil de 0 a 3 anos.

O proxecto está financiado pola Xunta de Galicia cun investimento próximo aos 700.000 euros.

As familias interesadas poderán cubrir o modelo habilitado polo Concello de Mos, no que se recollen os datos do menor, dos proxenitores ou titores e dos servizos solicitados, tal e como figura no formulario oficial. Tras este período orientativo, informarase publicamente da apertura do prazo oficial de preinscrición.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS